O concurso que premiará o mellor servizo dixital en bibliotecas públicas no marco do VIII Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas está organizado coa colaboración de SEDIC.

OBXECTO

O concurso ten por obxecto premiar os servizos dixitais ofrecidos por bibliotecas públicas (aquelas bibliotecas dependentes dalgunha das administracións públicas) que se ofrezan aos cidadáns aberta e gratuitamente, por exemplo:

  • Clubs de lectura dixital
  • Exposicións virtuais
  • visitas virtuais
  • rutas literarias
  • Guías de lectura virtuais
  • Servizos de información e referencia dixitais
  • Servizos que ofrezan formación en líña
  • Aplicacións
  • Etc…

Cada entidade só poderá presentar un único proxecto

CATEGORÍAS DO PREMIO
O Premio contará con 3 categorías:

  • Bibliotecas en poboacións de máis de 100.000 habitantes
  • Bibliotecas en poboacións entre 5.000 e 100.000 habitantes
  • Bibliotecas en poboacións de menos de 5.000 habitantes
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Para a valoración das propostas teranse en conta os seguintes criterios por esta orde:

  1. Utilidade para os usuarios
  2. Innovación tecnolóxica
  3. Dificultade técnica
  4. Esforzo realizado pola biblioteca en relación cos recursos dispoñibles
PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
Para optar ao Premio haberá que presentar na Secretaría do Congreso a través da súa dirección de correo electrónico (congreso.publicas@mecd.es) un informe descritivo do proxecto que inclúa os seguintes apartados:

  • URL do proxecto o servizo ou link de descarga da aplicación
  • Categoría á que se opta
  • Memoria descritiva que inclúa:
    • Resumo ou síntese do proxecto
    • Obxectivos e resultados do proxecto
    • Equipo de traballo: nomes, posto de traballo e tarefas asignadas
DOTACIÓN DO PREMIO

O premio consistirá en formación en liña para o persoal bibliotecario para o ano 2017. Esta formación concrétase en 5 licenzas para asistir a un curso ofrecido pola SEDIC e outras 5 para un curso ofrecido pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, distribuídas do seguinte xeito dentro das 3 categorías:

  • Bibliotecas en poboacións de máis de 100.000 hab. 2 licenzas de SEDIC 2 licenzas de Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria
  • Bibliotecas en poboacións entre 5.000 e 100.000 hab. 2 licenzas de SEDIC 2 licenzas de SGCB Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria
  • Bibliotecas en poboacións de menos de 5.000 hab. 1 licenza de SEDIC 1 licenza de Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria
XURADO

O xurado estará integrado por 6 membros do Comité Científico do VIII Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas. Actuará de secretario, con voz e sen voto, un representante da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria.

O Comité Científico do VIII Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas resérvase o dereito de resolver todas as dúbidas e as incidencias que poidan xurdir na execución desta convocatoria e todo o que faga referencia e que non prevexan estas bases.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2016

ENTREGA DO PREMIO

Os premios para as distintas categorías serán entregados no VIII Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas, que terá lugar en Toledo os días 16 e 17 de novembro de 2016.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR